[p. 123]
Martiño colleu cara á casa tan ledo como
unhas páscuas, pensando si ó agardaria sua hirmá como lle pormetera.
Efeutivamente estaba dreita: foi ela mesma
quen ll'abriu a porta.
¿Qué tras, que ves tan ledo?
Ganamos moito diñeiro.
¿De certo? lle dixo Sabela sin poder conter a
alegria.
Ganamos máis de corenta mil pesos.
Xesús que barbaridá. E d'eses cartos che
tocan á tí.
Cerca de dez mil pesos.
Logo xa non xogarás máis.
Hay que facer co-eles outros tantos pol-o
menos.
Aconsélloche que collas a tua parte e non
volvas máis á xogar. Esos tel-os ganados e pra un estudiante xa dan de
sí.
Xa veremos. Ti déixam'a min. O que quero é
que non volvas á agardarme, porque acabamos por reñer. Non quero que
tí deixes de dormir por causa miña.
O qu'eu quero é que veñas cedo, porque vexo
que logo pareces un mico de delgado, que
[p. 124]
perdes pouco á pouco aquelas colores tan bonitas que tiñas sempre,
qu'estás un esmirrado feito, e teño medo que te poñas malo.
Non teño duda.
Pero eu vexo que sí, e vexo qu'os vicios xa
fan que deas a máis vello do qu'eres, porque non te cuidas nada. Xa
sabes que cho digo pol-o teu ben.
Non seas pesada. Mañá chámame ás dez que
teño que facer.
Vou á facerche una pergunta antes de
deitarme, pois onde non, seica non podería prender no sono cavilando
n'ela.
Tí dirás.
Tes que decirme aqui, en confianza entr'os
dous, s'andas engañando á Berta. ¿Va que non me vas contal-a verdá?
¡Ora o demo! Xúroche que na miña vida
pensei na gallega. Minto, unha vez moi chea, quixen facerlle unha festa,
e coidei que me pegaba. ¿Dixoch'algo, ou?
Nin palabra; prò esta noite díxome que tiña
amores c'un siñorito, e recei moito que foras tí. Berta non anda boa e
dame que pensar o seu mal. Hei de decirllo a o papai á ver si ten ou
non fundamento o qu'eu cavilo, pró Martiño, xúrame que non sodes
entrambos amigos.
Xúroche que nunca tiven que ver co-ela pra
ben nin pra mal.
¿Porqué me perguntaria si eu sabia donde
vivia Caitano Valin?
El é tamén gallego, pró tes razón qu'é
unha pergunta moi extraña.
Alá m'espricou porque mo perguntaba, pró
agora non sei s'a crea. Estas gallegas teñen moito rabo.
¿Non che dixo con quen tiña relaciós?
[p. 125]
Solo me dixo qu'o seu novio era siñorito,
qu'estaba en Madrid e que non sabia onde paraba.
Pois ten choyo pra buscalo, non salindo sinon
cada quince dias á paseyo. Solo por casualidá pode dar co-él.
¿Será Caitano o novio? Era caso de sabelo.
Tes razón, hay que sacarllo do corpo con
maña.
Pois mañá heille dar unha volta á ver.
A min intrésame moito sabelo.
¡Mira o diaño! Anque non fora sinon pra que
Pancha non poidese reverse tanto cos amores do seu caitano, á quen
supón un home modelo e de quen non hay que decir. Xa a faría renegar eu
ben co-a sua rival.
Hay que sabelo mañá sin falla, pois teño
moitas ganas de vengarme d'ese home, que se puxo no meu camiño como a
esfinxe de mala sorte.
Non teñas coidado. Hastrá mañá.
Hastra mañá.
Entrambos se foron á deitar
|